jueves, 31 de octubre de 2013

Proxectos 2013. Natividad Andrade

Nati Andrade preséntanos o seu proxecto en forma de floreiro con rosas, un xeito orixinal de expresión dentro do mundo do tecido transmitindo en 3D a súa paixón polas flores e as cores vivas.
 

Nati realizou petalo a petalo cada rosa, mesturando diferentes cores rosas para darlle máis realismo. E o floreiro está composto de 5 partes realizadas enteiramente coa técnica de encaixe de palillos.
 

Deseño e realización totalmente orixinal.

Peza única, al igual que todo-los proxectos que se presentan nesta exposición.
 

Felicidades Nati.







miércoles, 30 de octubre de 2013

Hoxe o "Faro de Vigo" da eco

Faro de Vigo fai eco dá nosa exposición en proxectos 2013. Con titular "Nati, entre arte e oficio" un gran traballo, unha recompensa mediática. 

Parabén Nati

E ... moitas grazas Fernándo Franco pola túa visita á nosa expo, "Proxectos Emao 2013".




lunes, 28 de octubre de 2013

Proxecto 2013. Corsé negro de Ana Martinez

Na exposición deste ano se recollen traballos tan interesantes como o de Ana, un corpiño negro.
 

Cun deseño que chama a atención non só pola forma na súa exposición senón tamén pola complexidade na técnica e o propio traballo en cor negra. 

Parabén Ana Martinez.

Cada peza pode semellar un grabado. Mentres que cada forma é a parte do patrón a realizar na súa confección.

Os deixamos unha mostra deste proxecto tan exquisito.





Dianteiro

Traseira

Lateral

Trasera


jueves, 24 de octubre de 2013

Proxectos Emao 2013


Mañá día 25 de outubro a escola de artes e oficios inauguramos a exposición dos proxectos que realizamos durante o curso 2012/ 2013.
 

Esperamos que desfrutedes dos traballos das vosas compañeiras onde se fusiona imaxinación, deseño e moito corazón.
 

Apartir de mañá iremos vendo parte destes traballos tan suxestivos.
Parabéns a:
Ana, Ángela, Carmen, Carmen Fabeiro e Nati.


domingo, 13 de octubre de 2013

Ferramenta de traballo ( A Almofada)

Durante estas semanas cos cursos de Inciación realizamos a ferramenta de traballo que durante horas e horas nos irá acompañando en todos os nosos tecidos.

Mostrámosvos o proceso de realización da nosa ferramenta ( a Almofada),paso a paso, as ganas e o entusiasmo que lle puxemos.



Traballar a palla que imos colocar dentro de da nosa bolsa

Imos enchendo gradualmente


O vareo e moi importante, xa que fai asentar toda a palla que metimos con anterioridade
Despois, volta a asentar, e así continuamente ata encher a nosa bolsa

Mirade!! que guapas quedamos!! Somos as almofadas de Iniciación 2013