sábado, 16 de mayo de 2015

Maís vale ser punki, que...

No fin de semana, o facer encaixe sempre relaxa.
E escoitar música diversa dende Mozart a os Misfits... o tecer non e cousa de modas, e parte da historia do ser humano.
Boa finde!!


lunes, 11 de mayo de 2015

O Documental "25 Anos do Rakú Segundo Nigrán"

O Documental "25 Anos do Rakú Segundo Nigrán"

Marabilloso documental que xa se estrenou a semana pasada 
no auditorio de Nigrán e que podedes ver clicando no enlace . 
25º Anos do Rakú segundo Nigrán está realizado por Edi Morgan 
sobre os 25 anos desta actividade no municipio, organizada 
desde a súa orixe coa colaboración da 
Escola de Artes e Oficios de Vigo, do obradoiro de 
cerámica artística e do seu mestre Miguel Vázquez que 
xunto con Emilia Guimeráns 
da Escola de Nigrán son os responsables de que esta 
experiencia cumpra 25 anos.

Parabéns e por moitos anos máis!

jueves, 7 de mayo de 2015

Ascot, unha maneira de ver o encaixe.


Ascot espéranos!... non estaría nada mal. 
Pero nese intre dende a nosa aula, nada que envexar. Como diciamos en anteriores Post, durante uns cursos anteriores, este incluído, traballamos a idea e realización dun proxecto e como fío condutor utilizamos, "O tocado".
Esperamos que gocedes de toda esta creatividade tanto no deseño dos encaixes realizados coma en ofrecer un produto dunha gran calidade.
Pronto vos invitaremos a que disfrutedes dun pase de modelos con todos nós/ás.
Mentres deixamos un pequena/gran mostra destes proxectos.
Noraboa!! cada ano os superades.

Diseño y realización, Marina. Con un toque PoP.

Diseño y realización, Begoña Arce. Muy favorecedor.



Deseño e realización: Dori

Deseño e realización: Dori, Ascot estate a esperar

Pena de maniquí, gústanos como favorece este traballo



Deseño e realización: Pilar Gómez

Deseño e realización: Pilar Gómez

Base do tocado realizada en fios negros
Deseño e realización: Auxi

Deseño e realización: Auxi, unha Cala sempre queda elegante

martes, 5 de mayo de 2015

Tocado, hundido y tocata


Como xa observariades, dende hai uns cantos cursos traballamos sobre o proxecto do tocado.  O bosquexo inicial, pasando polo deseño, realización, montaxe e presuposto. 
Dende a aula de deseño e encaixe de palillos, o, proceso creativo é o que nos leva cara a unha peza final, neste caso con moito "swing".


O boceto, primeira idea.
Proceso de montaxe e colocación.
Montaxe final, no escaparate.
Idea, deseño e realización da peza: Ángela da Rosa

lunes, 4 de mayo de 2015

Sinxelo coma un circulo

Que doado é pasalo ben... en perfeccionamento, como cada curso, estreamos almofada plana. Grandes traballos sairán deste círculo.











sábado, 2 de mayo de 2015

Nai non hay máis que unha.

Ás veces preguntámonos como, as nosas nais son máxicas, non? 

Por que sempre teñen o que necesitamos dentro do seu bolso; que che caes... unha tirita; que tes mocos... un klinex; que vas camiñando e para facerte feliz por que si!... un caramelo. 

Máis que nais, son Mary Poppins máxicas sempre e sen pedir nada a cambio.
Dende a nosa aula de fillas, nais,tias, avoas, grazas! a todas as nais que, cos vosos bolsos, nos facedes a vida máis doada. 


Neste caso, a festa e o que tratamos, pero... nunha festa as nais sempre sacan algunha sorpresa que vale a pena.

Feliz día da SuperNai!!



Realización Ángeles. Unha "Xitana Rodiña" moi ocurrente.



Deseño e realización, por unha banda Sofia (no dorado) e por outra Ernestina.

Realización Dori.