lunes, 7 de septiembre de 2015

KK deluxe (party fly)

Retomando o que foi e o que aínda a día de hoxe podedes visitar no espazo EMAO: "O feo", nós formulamos un tema escatolóxico...porque como tema, poucos artistas se atreven a tratar sobre o. Piero Manzoni é un deles e nós dende a aula quixemos facer un tributo en certo xeito este artista italiano. 
Levar o escatolóxico a unha urna expositiva onde todo o mundo o pode observar e admirar é un dos xogos visuais aos que a aula se enfrontou e se lle deu un enfoque de diversión por medio das moscas coxoneras que voan e se divirten ao redor dunha merda moi ben elaborada. 
Tanto as moscas (fly) coma a merda están tecidas coa técnica do encaixe de palillos (reiteramos por se quedaba algunha dúbida). 
Gozádeo,  e como se di no teatro... "Moita Merda"!!! 
So os queda ata o 25 de setembro.



Isto é KK DELUXE...





Así se fixo  e se montou, KK DELUXE... ou Party fly
Dende almofada ata a sa de exposicións, un traballo moi divertido e laborioso de todas as alumnas e alumnos, da aula. Grazas a todas/ os!!!



























jueves, 3 de septiembre de 2015

Comezamos polo final...

Para empezar, comezamos polo final...
 
O fin de curso 2014/15 foi do máis divertido, por iso queremos empezar recordando como o grupo de Perfeccionamento II pasa este ano a Proxecto.
 
Benvidas/vos ao blog da aula de Deseño e Encaixe de palillos. Pronto noticias do comezo do novo curso 2015/16.

O alcalde, Abel Caballero, a concelleira Olga Alonso, a teniente-alcalde Carmela Silva e a mestra Marian Nuñez, repartiron os diplomas do curso 2014/15