martes, 10 de diciembre de 2019
Desfile en Mos 2019
Hai tempo que non publicamos e queremos retomar algunhas partes do curso que foron interesantes. Unha das actividades fóra da escola foi un desfile de tocados que realizamos en Mos e grazas á invitación da Asociación das palilleiras de Mos.
Desde aquí queremos darlle grazas por esta invitación ás mozas de Mos polo seu bo rolo.
Deixámosvos coas imaxes do desfile. Gozadas. !!!
lunes, 18 de marzo de 2019
A cor, encaixe de palillos, primeiros pasos
O fío:
Fibra elaborada, moi delgada, flexible e de lonxitude variable, que se obtén dunha materia téxtil de orixe natural, artificial ou sintético; utilízase para coser e tecer. Expl: "fío de cañamo; fío de seda; fío de nylon; un carrete de fío"
Filamento de material diverso, en especial o metálico e flexible. Expl: "fío de cobre; fío de estaño; fío de fibra óptica
A cor, é unha parte moi importante para calquera tecido, mesmo aquel que aínda non se tinguiu.
Un fío, é un elemento (distintas materias) que nos permite crear distintas sensacións visuais dependendo de como o mesturemos con outras materias ou materiais.
É bastante oposto á mestura de cor que podemos realizar con auga ou aceites, como é o caso da acuarela ou o óleo. no fío a mestura é ríxida e é a composición de varios materiais o que nos mostra unha cor ou outro; para iso aprendemos a coñecer o material e a cor, por medio dun circulo cromático.
Unha mostra do traballo tan laborioso que se realizou no curso de básico. Gozade dun círculo cromático fiado.

martes, 12 de marzo de 2019
Elixe unha forma distinta de buscar a solución
Afeitos buscar unha forma sinxela para realizar esquinas, buscamos a suma de varias esquinas no mesmo traballo. os elementos de traballo non teñen por que ter sempre catro esquinas, o infinito hai que telo en conta e o resultado sempre sorprende.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)