jueves, 21 de septiembre de 2017

Proxecto 2016 Dori. Chic & Casual

Moita xente cando nos visita ( allea ó noso mundo) pónselle cara de interrogación cando observa pezas como a de Dori. Un par de zapatos, un de festa e un sneaker (como os de hoxe prefiren chamarlle, os tenis de toda a vida).

Este proxecto é en volume, o tecido adopta una postura vertical para dar forma a este zapatos espectaculares. Unha pequena aclaración, este proxecto non consiste en forrar uns zapatos, senon en realizar a peza dende o principio (o deseño tanto do zapato coma do encaixe, incluindo as etiquetas que tamén están tecidas)

Noraboa Dori polo teu bo facer.

Velai Chic & Casual.

CHIC (Primeira parte)








 CASUAL (segunda parte)










jueves, 14 de septiembre de 2017

Así se fixo Aracne. Expo Proceso público 2017.

Mostrámosvos  o proceso do proceso.

Así se fixo... Aracne.

Gracias a todas as que colaborastes, en especial a Angela, Kan, Andrea Lucia, Marián, Marina, Cris.

Sen vos esta montaxe non fose tan divertida.

Gracias a Sandra (mestra de ourivería) e Pepe (mestre de artesanía en coiro) polo voso apoio e a paciencienciencienciña.

Velai o traballo previo.












miércoles, 13 de septiembre de 2017

Aracne. Proxecto proceso publico 2017

Nesta ocasión a exposión de finais de curso ata setembro, consistía en levar a o espazo público o noso proxecto.
A nosa ferramenta de traballo sempre nos axuda; os palillos e máis o fío. Con estos elementos dimos forma dunha maneira conceptual, a unha araña de fíos e bolillos que vixía a entrada da nosa escola e arroupa a tod@s aqueles que pasan o seu carón.

"pero...iso...que é?"
"mira avoiña, que ben soa!!"
"pois... eu non o entendo.."
"Encantame o son que ten , mira como se move!!"


Un traballo que amosa a versatilidade da noso taller/aula, onde ten cabida unha ferramenta moi olvidada, a imaxinación. É o fío o que nos leva a distintos pensamentos e distintas construccions por medio sempre dos palillos.

Presentamos a Aracne, a eterna tejedora.



Aracne. Exposición Proceso público 2017.


sábado, 9 de septiembre de 2017

A natureza inspiranos (Básico 2017)

Na primeira parte do curso, cun grupo reducido de alumnas, decidimos copiar directamente a natureza. E a natureza falou.
Aquí tedes os estupendos traballos dun grupo moi curioso, nun aula moi curiosa con unha inspiración moi curiosa.
Natureza convertida en fio. Noraboa chicas de Básico.

Begoña

Teresa

Pilar




miércoles, 6 de septiembre de 2017

Monografico de Encaixe Ruso (Vologda) parte II 2017

Monografico de verán, Ruso (Vologda) ParteII.

Neste curso vimos importancia da nosa libreta de apuntes, unha ferramenta de moita axuda.




Despois dun traballo moi minucioso e laborioso das nosas cintas, mostramos os seguintes resultados.




Distintas formas de presentación e ideas futuras para a continuidade do traballo.

O aprendizaxe, da moito de si, e as ideas xurden ata o fin.

lunes, 4 de septiembre de 2017

Lembrarémosche sempre cun sorriso, Antonia

Dende onde te atopes e xa que dende aqui vai a nube... lembraremos a túa sonrisa, as tuas ganas de vivir e de aprender, sempre co teu mellor soriso.
Pensar en ti é lembrar a unha persoa con moita curiosidade, o mellor que pode regalar un alumno o seu mestre.
Antonia Hernández Cerviño, deixou pegada nesta escola, non so cos seus compañeiros se non cos mestres, pola súa vitalidade e ganas de compartir cos demáis.
Antonia sempre no noso recordo e tamén no corazón.


Antonia Hernández Cerviño