miércoles, 25 de septiembre de 2013

Comezo do curso 2013 / 2014

Neste comezo de curso, queremos dala benvida a todas/os aqueles alumnas/os de nova incorporación, e os que seguen aprendendo o maravilloso mundo das artes nesta escola.

Co comezo deste curso queremos amosarvos un traballo realizado nesta escola entre as aulas de "Serigrafía Artística" e a nosa aula " Deseño e Encaixe de Palillos". Gracias a mestra Alba Pardo e a Emao, puidemos xuntar as duas disciplinas cun resultado que a vista está.

O dito benvidas/os, e moito ánimo!!!!




Serigrafía dunha obra de encaixe de palillos, autora Marian Nuñez

Bolsa

jueves, 8 de agosto de 2013

No tempo vacacional...

ZZZZZZZzzzzzzzZZZZZZZzzzzzzzzzZZZZZZZZzzzzzzzzZZZZZZZZzzzzzzzzzZZZZZZZZZZZzzzzzzzz


No merecido descanso... recordamos que o prazo para a nova matrícula e ata o 6 de setembro, mais info: http://www.emmavigo.org/?sec=escolas&escola=emao


Bo verán a todas/todos...

to be continued...

lunes, 5 de agosto de 2013

Xogo de Tronos no espazo Emao

Dende a especialidade de "Deseño e Encaixe de Palillos" deixamos unha mostra do fantástico traballo realizado polas alumnas da especialide de Perfeccionamento II, un traballo para desfrutar coa vista e co propio xogo no taboeiro. O taboeiro deste xadrez ten todalas pezas negras cun deseño distinto é dicir, que todalas pezas negras son distintas, ó igual que cada peza do propio xogo cada lado da peza en si ten cada cara totalmente distinta o que fai un xogo estructural que dependendo de onde se vexa a peza pode ter un debuxo ou outro. Gracias de novo, especialmente o curso de Perfeccionamento II 2012/13, por todas as suas ganas e o seu bo facer neste traballo. Esperamos que apartir do mes de septembro desfrutedes en directo deste Xadrez tan exclusivo e orixinal.   
                                                               







martes, 23 de julio de 2013

Exposición Branco e Negro na Emao

Nesta exposición mostranse os traballos dos alumnos de toda a escola, nunha temática concreta como é o "Branco e Negro". Todalas actividades da escola xogaron con este termo tanto dun xeito figurativo como no concepto do mesmo. Convidamos a todolos alumnos a que disfrutedes desta exposición que ten como fecha de clausura o 3 de outubro en horario de 19 a 21 horas, todolos días laborables da semana.

Se os acercades, poderedes ver o noso traballo, un Xadrez no que se convina o xogo visual do taboleiro de xogo onde todolos espazos negros son distintos coas pezas de xogo en 3D, creando un ambiente de xogo propio dun Xogo de Tronos, no que se non gañas, morres!.

Dende aqui dar as grazas a todalas participantes, e especialmente ó grupo de Perfeccionamento II do curso 2012/2013, pola súa implicación no proxecto e a súa constancia.
PASADE POLA VOSA EXPO E....A DESFRUTAR DO MUNDO DO ENCAIXE DE PALILLOS!!!



Taboeiro de Xogo de Tronos
Pezas Brancas
Pezas brancas
Pezas negras

Pezas negras
Como curiosidade para as/os curiosos, curiosillos, contarvos que todalas pezas negras do taboeiro ten un distinto deseño e que cada parte e cada peza de xogo teñen un deseño distinto o que fai un xogo visual dependendo de como vexamos cada peza.

jueves, 6 de junio de 2013

Azul o tempo é azul

Dende o curso de Perfecionamento II na mañá, "Seica, dis que..." o tempo pasa na cor azul, gozádeo tanto coma nós... Gústavos?
Que boa sorte teñen algunhas irmás...


Marga Bao

Marga Bao

Marga Bao

miércoles, 1 de mayo de 2013

Tocado y hundido parte II

Volvemos a la carga con los tocados de Perfeccionamiento II, disfrutadlos!!!


Lola
Helena

Helena

Simona

Simona

Pilar Piñeiro

Pilar Piñeiro