martes, 12 de marzo de 2019

Elixe unha forma distinta de buscar a solución

Afeitos buscar unha forma sinxela para realizar esquinas, buscamos a suma de varias esquinas no mesmo traballo. os elementos de traballo non teñen por que ter sempre catro esquinas, o infinito hai que telo en conta e o resultado sempre sorprende.

















lunes, 11 de marzo de 2019

Un post, past (nadal)

Neste post, non nos esquecemos do fabuloso traballo que realizaron as pequenas deste curso, o grupo de básico, un primer xogo co encaixe de palillos e máis coas primeiras sensacións volumetricas.

Desexamos que vos gusten, nos o pasamos moi ben construindo estas bolas para á arbore do nadal.

Gloria

Maria

Carmen

Helene

Luz

Maria José




Salomé

Raquel

viernes, 8 de marzo de 2019

8 M, 2019 sempre na loita

Ser muller, é algo moi especial. é dar vida, é compartir, é amar, é crear, é sufrir por selo, é rir, é loita, é unha chea de cualificativos que hoxe queremos celebrar e desde a aula como este ano decidimos ser unhas RAÍÑAS, compartímolo con vosotrxs. Neste entroido rendemos homenaxe á QUEEN e a Fredy Mercury. Por que queremos ser libres e por que nolo pasamos ben, feliz día da muller 8M.
































martes, 19 de febrero de 2019

Xogo de nenas... e os nenes?

Nunha España dos anos 60 e 70 existían xogos tan curiosos coma este. Iso sí...para nenas. 

Nunha España gobernada polo ditador Franco dirixíase ás nenas á máis absoluta submisión cara ao xénero masculino; nenas que aprendían a pasar o ferro, a fregar, a cociñar, a maquillarse, perruquería, o "Trico-Tram", ou entre outros a facer encaixe de palillos. Xogos da "Señorita Pepis". Como nola xogou a "Señorita Pepis" e a "sección feminina" daquela España. 
Grazas a xogos deste tipo, hoxe achegámonos aos anos 20 do século XXI e aínda se segue pensando que facer encaixe de palillos é cousa de mozas ou de maricóns; e así nos loce o pelo neste século, aquí nesta España nosa, como cantaba Cecilia.
Non é xusto que aínda se teña ese pensamento. Seica un home non pode ser modisto? (tan en boga hoxe en día), un home non pode ser perruqueiro? ... Entón, por que un home non pode tecer ou facer encaixe de palillos?, quizais, exista o machismo á inversa como é o caso da actividade que realizamos.
Nunca vos pasou o seguinte?:
Tí e maís a túa amiga, ides a unha exposición ou un encontro de encaixe de palillos; e de súpeto hai un mozo cunha almofada entre as pernas tecendo.

Vírasche cara á túa amiga e rumoréaslle ao oído: - Miraaaaa, un mozo!. Tí e maís a túa amiga coma se fose un extraterrestre acercadesvos, miradevos e comentades: - Fixate!, mira que ben o fai.
Se aínda a día de hoxe cremos que un home é un marciano por facer encaixe de palillos é que desde esta aula quédanos moito traballo por facer, e como é así, aínda nos queda moito por facer.
Desde esta aula non queremos ser excluíntes como o foi a " Señoritinga Pepis", debemos entender que todxs aportamos, que todxs temos ideas fantasticas e que ser humano é unha fonte inesgotable de creatividade. Deixemonos de ideas pasadas e trasnochadas que só nos levan ao "pañito" para encima da tele e apostemos sempre pola creatividade sexa do xénero que sexa.

Deixovos con imaxes da historia deste país, o xogo de facer puntilliñas da "Señorita Pepis". Rarezas e pezas historica hoxe en día, na época todo un furor.


O xogo, con todas as ferramentas  de traballo.

O manual de como xogar.

As instruccións, perfectamente explicadas




Gracias Marina (perfeccionamento I), por esta xoia da historía deste país, e compartila con todxs nós.




martes, 6 de noviembre de 2018

Comezo de curso 2018/19. Novas caras, novas creacións

O curso de Básico comeza con moita enerxía. Imos facer proxectos íncribles.
Para comenzar a nosa ferramenta de traballo, a almofada. Imos aló. E cun resultado final, máis que potente.







Non hay fotochop, estades todas estupendas!!


Mais de 10.000

Gracias a todas e todos aqueles que desfrutades das nosas publicacións e que gustavos o  deseño e o encaixe de palillos tanto como a nós. Grazas por estares ahí e visitarnos.