Feliz ano 2016!!!
Estes días calquera forma de inspiración é boa e que mellor maneira de gozar que con eses seres de catro patas que nos fan rir, dannos alerxia, mórdennos ou rabuñan, enrédannos... en definitiva fannos a vida máis divertida.
Deixámosvos con Nano, o chigüagüa de Rosa Couto, un amigo e unha boa forma de inspiración.
|
Comezamos pola inspiración. Foto de Nano. |
|
O debuxo/boceto. Sintetizamos os detalles e observamos as formas. |
|
E...velaí o temos, a nosa inspiración convertida nun encaixe disposto a facernos compañía en calquer intre. |
|
Rosa o levou a súa parede. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario