Pero este non foi a súa única denominación, xa que a través do tempo esta arte tivo cambios no nome que a identifica.
Nos primeiros séculos da súa existencia chamábaselle Kami, homónomimo da palabra que empregan para espíritos dos deuses, polo significado que se creara para o papel.
Pasaron os séculos e tomou o nome de Orikata, que se traduce por exercicios de dobrado.
Non foi ata 1880 que apareceu a palabra Origami a partir das raíces Oru e Kami, antes mencionadas.
Nun dos centros importantes para o xénero do Origami en España, pola súa influencia musulmá, foi onde asignaron o vocábulo Papiroflexia á arte xeométrica de facer pregados para conseguir figuras de papel. O termo inglés é "Paper Folding" que ven a traducirse por papel pregábel.
Miguel de Unamuno, grande afeccionado a facer figuras de papel, chamaba a esta arte Cocotoloxía, pola palabra en francés Cocotte (Paxaro).
Non se nos esquece este termo, se non que lle damos unha volta e obviamente relacionámolo coa nosa disciplina, a arte de dobrar fíos para levalos cara a onde nós queremos, e neste caso cara ao 3D. Go!!
Deseño e traballo realizado en técnica mixta de encaixe de palillos, por Natalia Touriño, con fios de algodón.
![]() |
Paxariña de encaixe de palillos. Deseño e relización, Natalia Touriño. |
![]() |
Paxariña de encaixe de palillos. Deseño e relización, Natalia Touriño. |
Desfrutade coma nós de traballos tan divertidos coma este.!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario