O Ganapan é unha peza/aplicación de encaixe de palillos tradicional galega, que pertence directamente do encaixe de Cluny. As súas caracteristicas principais son: o punto de guipur con forma de folla montado no medio par e as ondiñas exteriores que van dando forma e esta aplicación.
Nos facemos simples cambios de cor o que da moito xogo visual.
Esta peza a principios de século XX, estaba destinada en moitas ocasións os xogos de cama das noivas, parte do que antes chamábase "axuar"(ajuar, en castelán). Por suposto, a súa cor era branca.
Aprendemos, dende a realización do deseño, co método port-a-port, ata a súa realización en distintos tamaños e materiais, coma o liño e a seda.
No pobo de Camariñas, as palilleiras din que e unha peza moi agradecida, posto que é relativamente rápida a súa realización, por iso fan o xogo de palabras: Gana pan.
Esperamos que os gusten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario